24/10/12

Visita guiada por Santiago

O martes 16 de outubro fixemos unha visita guiada por Santiago con Nuria (a guía)coa finalidade de observar como estructuraba a visita. Esta comezaba no parque de Santo Domingo de Bonaval e rematou na Alameda.
Na miña opinión, a visita estivo ben xa que a guía era amena e iba explicando datos relevantes dalgúns sitios nos que estivemos ademáis de intentar que o grupo participara aínda que por outra parte non estivo tan ben xa que se centrou demasiado en ver o que tiña preparado sen dar lugar a ver cousas que quedaban polo camiño e podían ser interesantes. Tamén sumar as condicións meteorolóxicas que non foron favorables polo que quizáis de non ser así a visita estivese mellor organizada.
A pesar de todo iso foi entretida á par de lúdica polo que estivo ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario