23/10/12

Visita guiada a Santiago de Compostela

O pasado 16 de Outubro realizamos unha visita a zona vella de Santiago de Compostela guiada por unha intérprete do patrimonio chamada Nuria.

Para ser educador ambiental non basta só con ter o título senón que hai que posuír dunhas capacidades innatas para desenvolverse e conectar co grupo co fin de transmitirlles o mellor posible a información. No caso da nosa intérprete Nuria ganas non lle faltaron, grazas ao seu empeño conseguindo que fose unha visita agradable e bastante familiar, aínda que, estibo un pouco verde no tema de que as explicacións eran demasiado técnicas, o sea, moito de libro punto por punto no que a atención da xente se ía perdendo, detalle no que ela se dou conta, intentando recuperar o noso interese cunha pregunta que reiterou varias veces: “¿entendedes?”. Neste aspecto un dos trucos que utilizou para manter a nosa atención bastante eficaz foi pedir a dúas persoas do grupo que utilizaran unha cinta métrica para medir o fondo dun museo, coa finalidade de acaparar a nosa atención e afondarnos na explicación, e resultou eficaz porque todo o mundo se qedou con detalle da cinta. Un xesto en contra foi a baixa cultura xeneral que tiña do entorno, xa que que varios compañeiros preguntáronlle cousas moi típicas como a necrópole subterránea da nosa catedral, onde se conservan sepulturas romanas e suevas sobre as que se construíu o templo. Unha anécdota de interese xeral, e así máis destes sucesos interesantes que deixou escapar e que descoñecía. Outra desas dotes naturais do que a nosa interprete do patrimonio carecía foi a de orador, debido a voz normal sen características de predicador e ademais dirixíndose solo a zonas do grupo e non abarcándoo todo.

 Así e todo, os datos que deu entendéronse ben facéndoos breves e precisos, usando unha sintaxe simple e con poucos tecnicismos, estivo integrada no grupo desde o principio e o final , pero as explicacións e o desprazamento desde os distintos puntos deulles como bastante presa por enriba de ser demasiado axustados o tema, dando a impresión de que tiña presa por acabar o máis pronto posible. Sen embargo foi capaz de matizar con iso interese en toda a súa explicación e de que entenderamos todo o que dixese e visemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario