29/10/12

VISITA GUIADA A SANTIAGO

O dia 16 de outono decidimos facer unha excursión a Santiago de Compostela. Vimos o Museo do Pobo Galego, o Parque de Santo Domingo de Bonaval, a Capela das Animas, a Praza de Cervantes(Praza do Campo), a Porta do Paraiso, Mosteiro de San Martiño Pinario, o Pazo de Xelmirez, a fachada da Catedral de Santiago… Foi un dia moi desagradable pero animouse un pouco gracias a unha educadora moi xeitosa,poseedora dunha doce e tenra voz, pero co inconvinte de falar tan baixo que apenas se apreciaba o que decía entre o noso barullo. Unha persoa con moita cultura, sabedora dun montón de cousas interesantes, que intentou acercarnos e integrarnos un pouco mais ó noso entorno, ainda que ás veces non o logrou, xa que a charla fíxose un pouco monótona porque as súas explicacións eran moi técnicas e estudiadas; penso que debería ser máis realista e buscar un vocabulario común, máis familiar e práctico, incluso por exemplos, ser creativo, imaxinativo, inxenioso…Na Praza de Cervantes leuse un pregón; encantoume como resultou a charla nese momento, porque esas mesmas palabras foron ditas fai moitos anos nese mesmo sitio. Nalgún determinado momento equivocouse no nome dalgún monumento, cousa que vexo moi normal xa que todos nos equivocamos. Esta educadora foi moi válida no seu traballo, esforzouse en comunicarnos algo que ela xa sabía, aínda que a Educación Ambiental non é un coñecemento que se poida estudiar ou impartir, polo tanto, o educador ambiental debe incidir máis en actitudes que en coñecementos. Hai que ter tamén en conta que o seu traballo está condicionado pola primavera ou o verán, o mal tempo pode dificultar a súa profesionalización. Rematamos a excursión sin ver algo interesante, o Parque da Rosaleda, o cal posee unha gran cantidade de especies, e no que podiamos gozar en pleno contacto coa natureza, pero o mal tempo impedíunolo. Penso que a educadora dedicou parte do seu tempo a explicacións artísticas e culturais, moi apreciadas por todos nós, pero para o meu gusto faltoulle un pouco mais de integridade coa natureza, por ejemplo; no Parque de Santo Domingo de Bonaval, chamoume atención un castiñeiro cunha gran gordura,penso que tiña bastantes anos; carballos; plataneiros; vin que había bastantes cipreses e tamén gran cantidade de tullas. Creo que debería falar un pouco máis sobre o tipo de vexetación que había naquel parque,e familiarizarnos con cada especie. Para rematar só me queda decir que a guia que tivemos na excursión estivo moi atenta con todos nós, e se algún error tivo, seguramente co paso do tempo, a experiencia e as nosas críticas chegará a ser unha perfecta educadora.
25 de octubre de 2012

1 comentario: