23/10/12

Visita guiada a Santiago de Compostela

O dia 16 de outubro realizamos o alumnado de 1ª de ciclo superior de Xestión forestal e do medio natural. A continuación realizo a crítica da visita guiada a parte vella de Santiago de Compostela acompañada de fotos da visita.
A visita comezou as dez e media da maña en frente da porta do museo do pobo galego de Santiago de Compostela. Logo dispuxémonos a visitar o Parque de Santo Domingo de bonaval onde a guia nos falou das entradas antigas a cidade. O seguinte punto da visita foi unha das antigas entradas da cidade chamada Porta do camiño, onde a guia nos relatou a historia sobre as entradas de santiago na idade media. Seguimos a través das rúas parte vella de Santiago ata chegar o hospital e convento de San Martiño Pinario onde nos relatou a historia sobre a porta que da acceso a praza do obradoiro. Na praza do obradoiro pudimos comtemplar a catedral de Santigo, o hostal dos Reis Católicos e o pazo de Raxoi. Nesa praza a guia explicounos a intrahistoria da praza dende a construcción da mesma catedral antes de entrar no museo do peregrino. No mesmo museo vimos algunhas das pezas restauradas da catedral mentres nos contaban cousas sobre elas. Deseguido subimos o patio interior de Fonseca onde a guia nos mostrou unha serie de gravados dun dos códices gardaos no mesmo lugar. Para terminar a viaxe continuamos ata a alameda de Santiago a través das rúas da parte vella, mentres a guia nos contaba cousas sobre algunhas das casa emblemáticas de camiño a alameda. Por último terminamos a visita na alameda cun tempo non moi bo e desexando volver a realizar outra visita tan amena e explicativa.
Pola parte do traballo da guia cabe resaltar que cumpriu os 5 obxectivos dunha boa educadora ambiental, aparte do entusiasmo mostrado pola sua parte e a vocacion mostrada o explicar cada cuestión e pregunta realizada polos alumnos.
Pola parte crítica pódese decir que a hora de explicar certos aspectos da visita estiba un pouco perdida nos temas máis complicados e a realización do programa da visita estibo un pouco deixada o azar así como o percorrido que puido haber sido  por lugares onde a xente non se mollase tanto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario