23/10/12

Visita guiada a Santiago de Compostela

Os alumnos de 1º de C.S. de forestais xunto coa profesora do módulo de T.E.A.(Técnicas de Educación Ambiental)do I.E.S. de Arzúa organizamos unha saída a Santiago de Compostela. Esta saída  realizouse o pasado martes,día 16 de outubro do 2012, que cuxa saída consistía nunha visita guiada pola zona histórica de Santiago de Compostela,no cal nos acompañou unha guía durante parte da mañá do martes.

Na miña opinión a visita que fixemos polo casco histórico de Santiago de Compostela ,polo xeral estivo ben aínda que destacaría varias cuestións:

A pesares de que non eramos un grupo moi voluminoso(sobre 17 persoas),a persoa que nos atendeu tiña unha voz algo baixa no cal por momentos era dificultoso escoitar o que explicaba a guía. Tamén teño que comentar que ese día a previsión meteorolóxica era desfavorable e polo tanto estábamos protexidos de paraugas que causaban ruídos ao chocar a auga sobre eles,e en consecuencia era máis dificultoso escoitar a guía.

Tamén teño que destacar que a pesares do suceso anterior, esta persoa, na miña opinión, tiña as habilidades necesarias para desenvolver a visita guiada pola zona histórica de S.C. Esta persoa foi moi amable,alegre e atenta ao grupo  tratando de responder a todas as  dúbidas que lle realizábamos os presentes.

A visita tamén foi moi amena xa que a dita guía utilizou varios recursos para que así fose e tamén para que os presentes participaramos como a utilización de un aparello métrico e duns paneis escritos sendo unha réplica dun libro histórico, neste caso un “Tomboar”.

Por último adxunto unhas imaxes que representan os lugares e monumentos polos que pasamos durante a visita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario