7/3/13

Visita guiada á Fervenza de Dombodán

O pasado xoves 28 de febreiro, os alumnos do I.E.S. de Arzúa do 1º curso de C.S. de Xestión forestal e do medio natural, visitamos a Fervenza das Hortas que se sitúa na Parroquia de Dombodán, no concello de Arzúa. Esta visita, foi guiada polo noso compañeiro de clase Samuel, e que nos serviu a modo de exemplo para o módulo de TEA, sobre a Interpretación do Patrimonio que levamos visto durante este curso.
Samuel, comentounos que a fervenza cae dende unha altura aproximada de 30 metros e que hai unha lenda que conta que unha vez, unha rapaza caeu dende a catarata cara abaixo, e mentres caía encomendouse a Santa Marta e salvouse, por eso esta fervenza tamén é coñecida como a fervenza de Santa Marta.
Na visita tamén puidemos observar especies arbóreas como Alnus glutinosa, Betula celtiberica e Corylus avellana. Xusto na baixada, antes de chegar á cascada, tamén puidemos observar un Buxus sempervirens centenario e varios pés de figueiras, aínda que non é moi común nun bosque de galería.
Na miña opinión, esta visita realizada á fervenza polo noso compañeiro Samuel, estivo moi ben xa que puidemos observar e poñer en práctica conceptos que estamos a realizar no curso, como dixen anteriormente, sobre a Interpretación do Patrimonio e tamén aprender a identificar especies arbóreas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario