4/3/13

Opinión sobre a cata de queixos

O pasado Luns 25 de Febreiro nós, os alumnos do I.E.S de Arzúa de 1º de C.S. de Xestión Forestal e do Medio Natural xunto cos alumnos de 2º e profesorado do ciclo, asistimos a unha cata de queixos da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa.
Antes de facer a cata de queixos, Carlos, o conferente, comezou por reproducirnos un vídeo explicativo,  sobre a elaboración de queixos desta Denominación de Orixe, polo que para a miña opinión estivo bastante ben xa que explicaba perfectamente os procesos de dita elaboración.
Carlos tamén comentou na conferencia, os requisitos que tiñan que cumprir os empresarios, neste caso gandeiros, para conseguir a etiqueta da Denominación de Orixe nos queixos que elaboraban nas súas explotacións.
Finalmente, ao acabar de ver o vídeo e antes de comezar coa cata, houbo tempo para facer aclaracións, o cal Carlos intentou responder a todo o que lle preguntabamos.
Coas dúbidas xa respondidas polo conferente, deu comezo á cata, no cal puidemos catar 3 tipos de queixos diferentes da mesma Denominación e no cal puidemos quitar conclusións como os distintos sabores, texturas, etc.
En conclusión, na miña opinión foi unha charla amena, na que aprendín a facer unha cata dun queixo, e na que aprendín ou aclarei conceptos que anteriormente non tiña claros.
Tamén debo comentar que Carlos fixo unha boa conferencia, aínda que debería ter especial coidado co sonido do móbil, xa que lle sonou varias veces, polo que non foi de moi agrado, xa que tivo que interromper varias veces a conferencia causando mal estar entre os participantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario