23/5/13

Visita ao Parque Natural de Corrubedo

O pasado luns día 6 de Maio os alumnos de 1º de C.S. de Agraria xuntos cos alumnos de 3º de E.S.O e os seus respectivos profesores de cada curso, fomos de excursión ao parque natural de Corrubedo. Cando chegamos ao parque un axente, deunos a benvida e convidounos ata unha sala, onde nos puxo un vídeo que resumía moi ben sobre a fauna e flora que contiña este parque, e como non a formación da duna móbil única en Galicia.

Ao acabar o vídeo, fixemos dous grupos, un grupo cos alumnos de E.S.O e outro grupo cos alumnos de C.S. de Agraria, e que respectivamente o primeiro grupo foi co axente onde guiaría a estes alumnos polo parque, e nos entrementes fomos ata o monte da ra.

Posteriormente, cando o axente acabou co outro grupo, comezou co noso, polo que nos levou polo parque adiante, explicandonos a flora e fauna que ibamos observando ao mesmo tempo que camiñábamos.
Como o tempo non acompañaba moito, o axente en todo momento preocupouse preguntando se queriamos seguir coa ruta, polo que nos contestamos que si, aínda que non nos puidemos parar moito xa que chovía moito.

Por último, xa acabada a ruta polo parque, despedímonos do axente e achegámonos ata as famosa duna móbil, no que estaba prohibido acceder á montaña de area, xa que están protexidas para unha boa conservación e non danalas. Estas dunas están protexidas por un cercado de madeira, no que tamén está sinalizada a prohibición e as sancións económicas pertinentes en caso de acceder a gran duna.

Na miña opinión, tanto o guía como a excursión estivo ben. O guía mostrouse amable, simpático e foi moi ameno, nun día pasado pola choiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario