23/5/13

Tramo camiño por Samuel L. e Javier V. e Proxecto Ríos

O luns día 13 de Maio, os alumnos de 1º de Ciclo Superior de Agraria xunto cos alumnos de 1º de E.S.O e os seus respectivos profesores do I.E.S de Arzúa de cada curso, fixemos un pequeno tramo do camiño Francés, sendo éste o luns pola mañá, xa que ao rematar o tramo xuntámonos en Ribadiso para xantar e pola tarde tivemos unha actividade de Proxecto Ríos.

Os alumnos de Agraria participamos como educadores de educación ambiental, para poñer en práctica o aprendido durante o curso no módulo de T.E.A (Técnicas de Educación Ambiental), e así poder explicarlle aos alumnos de 1º E.S.O a historia, natureza e outros factores que rodeaba o tramo recorrido.

O alumnado e os profesores partimos cara Boente en autobús dende o instituto. Unha vez alí, distribuímonos en grupos polo que o curso de Agraria dividiuse en grupos de 2 e cada grupo levaba 5 alumnos de E.S.O.

Samuel López e eu (Javier Villaverde), formamos un grupo polo que viñeron connosco 5 alumnos de 1º de E.S.O. Samuel e eu, intentamos explicarlles un pouco sobre natureza, como as especies arbóreas ou outros recursos que rodeaba este tramo do camiño Francés. En todo momento intentamos poñer en práctica o aprendido durante o curso, aínda que tras a evaluación que fixemos dinos que temos que mellorar en certos aspectos, como por exemplo a excesiva confianza que lle demos a estes alumnos. Tamén cabe destacar que o grupo de alumnos que tivemos era un pouco revoltoso, pero o mesmo tempo participativo.

Na miña opinión, foi unha actividade moi positiva para poñer en práctica todo o dado no módulo de T.E.A., e tamén para avaliarme sobre certos aspectos nos que debería mellorar.

Como comentei anteriormente, pola tarde tivemos unha actividade de Proxecto Ríos, no que colaboraron 2 guías desta plataforma. Un deles guiou aos alumnos de 1º de E.S.O e a outra guía, (neste caso Lucía), foi a encargada de guiarnos e explicarnos aos alumnos de Ciclo Superior. Primeiramente fíxonos unha introducción sobre que consistía esta plataforma e a continuación, baixamos ata un tramo de río da zona do Ribadiso. Neste tramo tivemos a oportunidade de observar unha parte de macroinvertebrados que nos extraeu a guía, para poder identificalos e así saber a calidade da auga que presentaba este tramo de río.
Na miña opinión foi unha actividade moi amena e interesante. A pena foi non completar o análise completo do río, xa que dispoñiamos de pouco tempo.

1 comentario:

  1. Guiadores: Samuel López e Javier Villaverde
    Comentario: Samuel López e Javier Villaverde

    ResponderEliminar