29/5/13

Camiño de Santiago por Alex e Lidia

O día 13 de maio fixemos unha ruta cos rapaces de primeiro da E.S.O. dende Boente ata Ribadiso, polo tramo do camiño de Santiago. Polo camiño fomos explicándolles ós nenos especies forestais e ornamentais que habia polo camiño: vide, pinos, castiñeiros, ameneiros, etc.
Fomos un grupo de catro rapaces e tres rapazas de entre os cales iamos Alex e eu como guías. O camiño deu pé a conversacións varias cos rapaces, por certo moi cimpáticos.
A medio camiño explicámoslles que as pedras que estaban enriba das sinais que sinalaban o camiño de Santiago eran conmemorativas, e supoñíase que alí, coa pedra, quedaban todos os pecados e males cometidos polo peregrino que alí a deixaba, e animamos ós rapaces a coller unha pedra e facer o mesmo, cousa que ás rapazas sobre todo lles sorprendeu e agradou moito.

Ó chegar xantamos e despois tivemos unha interesante ida polo río con Proxecto Ríos, descubrimos os bechos que se agochaban baixo a area do fondo do río: moscas efémeras, larvas de libélulas, etc.
Penso que foi unha experiencia enriquecedora, tanto cos nenos coma o do Proxecto Ríos.








No hay comentarios:

Publicar un comentario