22/5/14

Resumo ruta Boente-Ribadiso do 05/05/2014 Ana Isabel Noya Juncal e Oliva Naveira López

Unha fermosa lembranza da ruta de Boente a Ribadiso que vos, compañeiros, fixestes cós nenos do Colexio Cervantes de Lugo e nós tivemos o placer de compartir con xente de Voz Natura, Ceida e cós nosos mestres. Unha nova experiencia para todos, pero unha fermosa vivencia.

2 comentarios:

  1. Un bonito traballo resumo do moito que vos implicástedes na visita. Noraboa as dúas e espero que o aprendido este curso (que espero que algo fose) vos serva para continuar co voso camiño. Para min foi e é un pracer descubrirvos.

    ResponderEliminar
  2. Estimadas Ana Isabel e Oliva. Fico realmente abraiado e profundamente emocionado polo voso traballo. Está claro que aplicáchedes a creatividade, a empatía co grupo, a perfecta interpretación do patrimonio, os sentimentos, a implicación da poboación local e, o que a min tanto me obsesiona, a fusión do material, inmaterial e natural.
    Sen lugar a dúbida estou ante un auténtico potencial, penso que tedes que plantexarvos moi seriamente de repetir a experiencia e incluso ir máis adiante...
    Un bico moi grande deste, ante vós, pequeno e humilde guía que é Fernán de Rutas Vivas.

    ResponderEliminar